As enfermeiras galegas únense para mellorar a atención primaria

As enfermeiras galegas únense para mellorar a atención primaria

 

As enfermeiras galegas mostran de forma unánime a súa desconformidade co borrador de reforma de Atención Primaria.

Presentan 38 alegacións ao borrador de Sanidade, o 50% das accións definidas das recollidas no documento da consellería.

As máis de quince mil enfermeiras que exercen a súa profesión en Galicia, representadas polos Colexios Profesionais de Enfermería das catro provincias, así como as sociedades científicas das especialidades de enfermería pediátrica, matronas e enfermería familiar e comunitaria, unificaron criterios no relativo ao borrador de reforma de Atención Primaria. 

Nunha reunión mantida onte en Santiago, os presidentes dos catro colexios de enfermería e das sociedades acordaron as alegacións definitivas ao borrador de reforma de Atención Primaria que se entregaron esta mañá á consellería de Sanidade. O borrador, do que todos os intervenientes obxectaron o procedemento levado a cabo pola consellería para a súa redacción, adoece de numerosas deficiencias e falta de concreción.   

Os principais puntos de desencontro das enfermeiras co borrador pasan, en primeiro lugar, por reformular a estrutura directiva. A creación dunha dirección propia faise imprescindible para que as enfermeiras asuman o papel relevante que lles corresponde asumindo as responsabilidades de planificación, execución e xestión de recursos, competencias e funcións en coordinación cos restantes profesionais, tal e como se acordou na reunión mantida cos técnicos da consellería, previa á elaboración do borrador. 

Manifestan ademais o seu  discordancia no relativo á necesidade de definir unha carteira de servizos que oriente e axude ao paciente en canto aos coidados e atencións que pode recibir da súa enfermeira. Un punto que axudaría ademais a cuantificar as intervencións reais, permitindo axustar máis acertadamente o número de profesionais necesarias.

De esquerda a dereita: Ascensión Pérez (Pta. Colexio de Ourense), Álvaro Carrera (Pte. AGEFEC), Carlos Fernández (Pte. Colexio Pontevedra), Amador Villaverde (Pte. Colexio A Coruña), Lourdes Bermello (Pta. Colexio Lugo) e Aránzazu Domínguez (Vicepta. AGAM).

Precisamente ese é outro dos puntos de esixencia. A readecuación do déficit de persoal actual, unha sobrecarga estrutural que afasta ás enfermeiras dos coidados de calidade que a cidadanía merece e espera. Para iso é necesario incrementar o numero de enfermeiras nos centros de atención primaria.

O respaldo legal das actuacións das enfermeiras é outro dos puntos relevantes, xa que resulta fundamental para que a enfermeira poida desenvolver todas as súas competencias. Moi particularmente no necesario e imprescindible desenvolvemento das especialidades de enfermería, cuxas funcións e labor deben ademais achegarse ao cidadán. 

En definitiva, trátase de incrementar o número de enfermeiras, dando marco legal ao desenvolvemento das funcións e competencias propias da enfermeira, a súa capacidade de xestión como profesional facultada e a definición orzamentaria que dean acceso ao cidadán a unha atención primaria máis universal, accesible, equitativa e de calidade. 

Descarga aquí o documento no que se recolleron as alegacións presentadas á Consellería de Sanidade.

A Asociación Galega de Matronas presentou tamén alegacións de forma individual

Ademáis do documento presentado en común co resto de entidades representantes da enfermería galega, a AGAM presentou tamén de forma paralela un documento no que se recolleron as alegacións recabadas entre as asociadas. Nel, deixamos claro que pensamos que segue sen considerarse á Atención Primaria como o eixe vertebrador do Sistema de Saúde, no que a matrona debería ser o profesional de referencia na Saúde Sexual e Reproductiva da poboación, como así o avala o Ministerio de Sanidade na regulación das nosas competencias. Que de novo atopamos un modelo que segue a xirar en torno á figura dos médicos, no que parece que o que se pretende é aplicar medidas que diminúan a sobrecarga médica pero cun modelo que xa conduciu á Atención Primaria a actual situación. Tamén detallamos que creemos que débese potenciar o traballo en equipo, os equipos multidisciplinares, a motivación, os traballos na e para a comunidade e desenvolver plenamente as competencias da Enfermería, dando pulo e impulsando a Enfermería Especializada. Só así será posible camiñar hacia un modelo equitativo, eficiente e de calidade para os usuarios e as usuarias. 

Back to Top