Semana Mundial Inmunización 2024 matronas galegas AGAM MSD web

Semana Mundial da Inmunización 2024 – “Inmunidade: Avanzando en equidade”

As matronas galegas unímonos á celebración da Semana Mundial da Inmunización, avalando a campaña “Inmunidade: Avanzando en equidade” de MSD.

As vacinas salvan vidas

A inmunización é unha historia de éxito para a saúde e o desenvolvemento mundiais, salvando millóns de vidas cada ano. MSD, co apoio de 50 entidades sociosanitarias entre a que se atopa a AGAM, difunde ao longo desta semana a súa campaña “Inmunidade: Avanzando en equidade, unha semana de concienciación promovida pola OMS.

Este ano ponse o foco nas vacinas como ferramenta para igualarnos, así como a necesidade de traballar polo acceso equitativo de toda a poboación ás mesmas. Cabe salientar a importancia de traballar por un acceso equitativo ás vacinas, sen distinción de idade, xénero ou localización xeográfica.

  • As vacinas salvan vidas. Estímase que grazas á inmunización pódense evitar entre 2 e 3 millóns de mortes anuais. Se se mellorase a cobertura vacunal mundial, poderíanse evitar outros 1,5 millóns de mortes.
  • Falamos de equidade. A OMS ten como obxectivo que todas as persoas estean protexidas por unha inmunización completa, con independencia da idade, os obstáculos relacionados co xénero, a localización ou o nivel socioeconómico.
  • #OneHealth. A saúde das persoas está estreitamente ligada á dos animais e á do noso medioambiente. Estímase que o 60% das enfermidades infecciosas humanas son de orixe animal.

Semana Mundial Inmunización 2024 matronas galegas AGAM MSDA inmunización en España

En España, hai avances importantes en materia de inmunización, coa inclusión de novas vacinacións nos calendarios como a vacina do VPH en adolescentes varóns ou a do Virus Respiratorio Sincitial (VRS), pero os beneficios distribúense de forma desigual. É crucial reducir as desigualdades na cobertura de vacinación para garantir que todos teñan as mesmas oportunidades de levar unha vida saudable.

A pesar de boas coberturas, en España as tasas de vacinación en adultos e grupos de risco poden mellorar. É importante contar con bos datos epidemiolóxicos para tomar decisións estratéxicas que melloren as coberturas de vacinación en toda a poboación.

O papel da matrona na inmunización

As matronas xogamos un papel fundamental na promoción da inmunización e na saúde materno-infantil, así como tamén na saúde sexual. A nosa labor abarca desde a educación sobre a importancia da vacinación durante o embarazo ata o apoio ás familias no seguimento dos calendarios vacinais dos seus fillos. Ademais, as matronas tamén desempeñamos un papel crucial na promoción da vacinación para a prevención de enfermidades de transmisión sexual, ofrecendo información e asesoramento sobre a importancia das vacinas para a prevención do virus do papiloma humano (VPH) e outras infeccións relacionadas coa saúde sexual.

A cercanía e coñecemento especializado da matrona contribúen a garantir unha cobertura vacinal óptima e a prevención de enfermidades tanto nas mulleres ao longo de toda a súa vida, como nas súas parellas e as súas crianzas, promovendo así unha saúde óptima para toda a comunidade.

Máis información e recursos sobre a Semana Mundial da Inmunidad en inmunidad.msd.es