nova sección web matronas galegas preto de ti en galicia autónomas AGAM

Nova sección web: matronas galegas preto de ti en Galicia

No marco da celebración do Día Internacional da Muller, desde a AGAM aproveitamos o 8m para lanzar unha nova sección na nosa web destinada a dar a coñecer os proxectos de emprendemento das nosas asociadas.

Hai unha matrona preto de ti

Nesta sección, destacaremos o traballo excepcional das nosas colegas que ofrecen os seus servizos de forma privada nas catro provincias galegas.

Con esta iniciativa queremos proporcionar unha plataforma onde as mulleres poidan atopar unha matrona á que acudir preto do seu lugar de residencia ou que as poidan atender a domicilio ou con consulta online, brindándolles o apoio e asesoramento que precisen en todas as etapas da súa vida.

Ademáis, con esta nova sección ofrecemos apoio e visibilización para os emprendementos das nosas asociadas, ao tempo que achegamos a profesión da matrona á sociedade.

matronas emprendedoras preto de ti agam en Galicia Centro Cala matrona ferrol
matronas emprendedoras preto de ti agam en Galicia Centro M Burela

Ampla gama de servizos e talleres formativos

Desde consultas prenatais ata acompañamento durante o parto e apoio no postparto, as nosas asociadas ofrecen unha ampla gama de servizos para atender as necesidades das mulleres galegas. Tamén ofrecen gran variedade de talleres e recursos, incluíndo asesoramento en lactancia, acompañamento durante a menopausa, a preparación para o parto e talleres de saúde e benestar.

Convidámosvos a explorar esta nova sección e a contactar con elas se precisades axuda ou asesoramento dunha matrona.

matronas emprendedoras preto de ti agam en Galicia Ualabí centro de maternidad ourense
matronas emprendedoras preto de ti agam en Galicia luna de brigantia Vigo e Ourense

Porque a nosa máxima é coidar da saúde da muller ao longo de toda a súa vida.

Mulleres e matronas, unha vida xuntas!